A Mostra do Encaixe de Camariñas 'exporta' modelos ás pasarelas de moda de Milán

Yusnabis Ferres desfilou na capital do Vilán e agora traballa na cidade italiana

Outros participan en certames de moda de ámbito internacional

Damián Álvarez, terceiro pola dereita en primeira fila, cos modelos que desfilarán en Camariñas

Damián Álvarez, terceiro pola dereita en primeira fila, cos modelos que desfilarán en Camariñas / C. C.

J. M. Ramos

O vimiancés Damián Álvarez, modelo e xerente de Gubem Event, será o encargado de organizar e coordinar, un ano máis, os desfiles de moda da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha pasarela que está sendo un escaparate inmellorable nas carreiras dos modelos para dar o salto ao ámbito internacional. Así, Damián subliña que “moitos empezan en Camariñas a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan no extranxeiro”. É o caso de Yusnabis Ferres, “que veu o ano pasado a desfilar á Mostra e agora está traballando en Milán”, engade.

Non é o único, pois o primeiro ano que Gubem Event asumiu a organización da pasarela camariñana “trouxemos modelos canarios e navarros que desfilan a nivel internacional”, afirma.

Damián Álvarez asegura ademais que a súa filosofía é a de “apostar polo talento de modelos galegos e da comarca, que son a maioría, aínda que tamén os hai doutros lugares do país” e busca, sobre todo “modelos que teñen perfís moi potentes”.

TEMAS