Carballo entregará os 720 nichos e 96 columbarios da ampliación do cemiterio municipal
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de abril
Terán preferencia as persoas que xa os demandaron nos últimos anos
O Concello de Carballo puxo en marcha o procedemento de adxudicación de nichos e columbarios no cemiterio municipal. As persoas interesadas poderán facer o trámite ata o 30 de abril. Esta primeira fase da ampliación inclúe 720 nichos e 96 columbarios.
Desde o ano 2002 non se realizaban adxudicacións masivas de concesións de nichos, polo que desde 2003 recibíronse un total de 339 solicitudes. O procedemento de adxudicación priorizará ás persoas que xa tiñan pedido nichos, por orde de solicitude, pero deberán confirmar que seguen queréndoos. Quenes non o solicitaran poden facer agora o trámite xa que, ademais dos nichos que se adxudicarán neste proceso, elaborarase unha listaxe de reservas para futuras adxudicacións.
Carballo planifica unha vellez máis activa para o 31% dos seus veciños
O proxecto completo de ampliación do cemiterio inclúe 456 panteóns con 1.824 nichos e de 256 columbarios distribuídos en 64 columnas. O goberno municipal pretende acometer a segunda fase o antes posible “para poder atender a gran demanda”, afirman.
Temas
Más en Área
-
Practicarán la autopsia al ciclista sexagenario fallecido en la localidad lalinesa de Gresande este domingo
-
Los Bombeiros de Santa Comba sofocan el incendio sin víctimas declarado en un turismo en la localidad negreiresa de Bugallido
-
Especialistas en acrobacias a motor llenarán de adrenalina la Semana Verde de este año
-
O Punto de Intervención de Íntegro presta apoio a 68 mulleres do rural de Costa da Morte con diversidade