Xeal reforza á acción educativa da Fundación Fernando Blanco de Cee
Seguirá formando parte da rede de patrocinadores
Colaborará cos programas formativos e culturais da entidade
A compañía Xeal reforza o seu apoio á Fundación Fernando Blanco, de Cee, colaborando tamén co programa O Mes da Fundación e os Premios Académicos cos que a entidade recoñece a excelencia do alumnado do instituto ao que dá nome tamén o mecenas ceense. Ademais, Xeal seguirá formando parte da rede de patrocinadores da fundación.
Xeal apuesta por fomentar la vocación científico-tecnológica de los jóvenes de la comarca
María Couto, directora de Xeal, asegura que “a nosa relación con esta entidade xa é histórica. Estamos totalmente aliñados cos seus obxectivos, xa que o noso compromiso en todo o que ten que ver coa formación na nosa contorna é parte fundamental dos nosos criterios ambientais, sociais e de gobernanza”. Pola súa banda, dende a Fundación Fernando Blanco, os seus directivos Sonia López e Darío Areas destacan que “Xeal é un piar fundamental para que poidamos seguir a desenvolver o labor de difusión do legado do mecenas ceense, a través de distintas actividades no eido educativo e cultural”. Agradecen tamén “o cariño e a implicación de María Couto coa nosa entidade”.
Temas
Más en Área
-
Exposicións, charlas, obradoiros e degustacións na segunda Feira do Pan e do Cereal de Bugallido
-
O Pino Aventura e as súas paraxes atraen sesenta persoas das catro provincias galegas
-
Rois solicita a Medalla Isabel a Católica para a sarxento da Garda Civil de Padrón
-
Pelotas amarelas que achegan a descontos e tapas en Baio