El Combo Dominicano animará o día doce a primeira Festa da Xuventude de Ribeira
Os concelleiros Francisco Suárez-Puerta,Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron este luns, xunto a David Sampedro, a primeira Festa da Xuventude de Ribeira, que se celebrará o vindeiro venres 12 de abril nas inmediacións da praia de Coroso.
Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Suárez-Puerta, o evento contará coa actuación do grupo El Combo Dominicano e cunha sesión musical amenizada polo DJ Tito Maverick, que será o encargado de amenizar o fin de festa.
O evento está organizado en colaboración con Espectáculos A Cantaruxa, segundo afirmou o promotor, David Sampedro, e comezará ás 22.00 horas.
Pola súa parte, Antía Alberte reafirmou o seu compromiso para organizar máis eventos dirixidos á mocidade, contanto con artistas e grupos locais. “Esta festa pretende ofrecer un espazo inclusivo e divertido onde os mozos e mozas poidan xuntarse e gozar da música en directo”, explicou a edil.
Temas
Más en Área
-
Los comedores de Ames abrirán este lunes y Sanidade admite al menos un centenar de afectados por gastroenteritis
-
Vimianzo estrena una senda urbana, una ruta saludable de 3,7 Km y un ciclo de seis andainas
-
La Policía Local de Ribeira pide la colaboración ciudadana para localizar a tres menores que dieron una paliza a otro
-
Guadalupe Vázquez e Modesto Fraga inauguran a biblioteca rural da escola fisterrana do Val de Duio