Síguenos en redes sociales:

LITERATURA

A ‘Antoloxía Poética’ de Labarta Pose chega ao Museo do Pobo Galego

O filólogo e editor Xosé María Rei presentouna no IES Maximino Romero

A ‘Antoloxía Poética’ de Labarta Pose chega ao Museo do Pobo GalegoIES M. Romero

A Antoloxía Poética de Labarta Pose segue a percorrer centros de ensino e espazos culturais. A próxima parada será no Museo do Pobo Galego, onde se presentará o martes, día 16, despois de recalar no IES Maximino Romero, de Baio (Zas). Ademais dos editores, Xosé María Rei e Xosé Manuel Varela, no acto intervirán Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Jorge Mira Pérez, voceiro da Comisión Letras Galegas para Labarta Pose; Manuel Muíño, alcalde de Zas; e Xesús Domínguez Dono, director de produción da Editorial Galaxia.

O libro -que xa está na rúa dende o pasado mes de febreiro- recolle un total de corenta poemas en lingua galega do escritor e xornalista baiés Enrique Labarta Pose, e forma parte da colección Letras Galegas Clásicos

Ademais de poder consultarse nas bibliotecas municipais de Zas e Baio, o Concello zaense enviou dous exemplares a todos os centros de Educación Secundaria da contorna co fin de achegar e divulgar a obra de Labarta Pose entre todos os públicos. J. M. RAMOS

Pulsa para ver más contenido para ti