Dodro busca solución á escaseza de médicos no centro de saúde da vila

O centro de saúde de Dodro conta con problemas de persoal

O centro de saúde de Dodro conta con problemas de persoal / CEDIDA

ECG

O alcalde de Dodro, o socialista Xabier Castro, mantivo onte unha reunión coa xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela y Barbanza, Eloina Núñez, para buscar solucións e atallar as problemáticas que veñen experimentando dende hai uns meses.

Durante o encontro entre o rexedor e a responsable sanitaria falouse da situación do actual servizo que o centro de saúde do municipio está a ofrecer á veciñanza. Dende o goberno municipal puxeron de manifesto a falta dun dos dous médicos titulares a xornada completa que ten o centro, provocando retrasos no servizo.

Castro solicitoulle á xerente a resolución da situación o antes posible. Mentres que Núñez asegurou que están na procura da “mellor solución”, aínda que “a falta de profesionais de familia e comunitaria é un problema real”. A responsable comprometeuse a manter, ata atopar unha solución definitiva, o facultativo parcial que cubre a baixa na actualidade ou incluso aumentar o seu horario de traballo.