TURISMO

Oitenta empresas e servizos turísticos da Costa da Morte reforzan a súa formación en calidade

As sesións formativas impártense no centro sociocultural de Baio, en Zas

Pepe Formoso e Manuel Muíño inaugurando as xornadas formativas en Baio

Pepe Formoso e Manuel Muíño inaugurando as xornadas formativas en Baio / CMAT

J. M. Ramos

Un total de 80 empresas e centros de servizos turísticos da Costa da Morte (45 no ciclo 1 e 35 no ciclo 2) comezaron este luns en Baio (Zas) as formacións enmarcadas no Sistema de Calidade Turística en Destino (Sicted). Unha actividade na que participan empresarios e profesionais de casas de turismo rural, hoteis e pensións, apartamentos turísticos, albergues, restaurantes, artesás e comercios de artesanía, empresas de turismo activo, oficinas de información e museos.

A formación é promovida pola Asociación Turística da Costa da Morte (CMAT), que preside Manuel Muíño, quen afirmou que están “moi comprometidos coa procura da calidade e encantados de dar a benvida aos novos establecementos adheridos ao Sicted”. Pola súa banda, Pepe Formoso, presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM), salientou a importancia do asociacionismo, asegurando que isto é posible grazas a unha aposta decidida “polo traballo conxunto e colaborativo entre os sectores público e privado”.

TEMAS