Día de Galicia

Balnearios, manantiais e talasos:Galicia é auga

Galicia é o principal destino termal en España e un dos principais nas rexións europeas

Combinar o terapéutico coas vacacións.

Combinar o terapéutico coas vacacións. / XUNTA

Especial Día de Galicia

Se algo caracteriza a Galicia é o seu folclore, as súa tradición e lendas que a converten nunha terra máxica. Literatura e contos populares que se inspiran nos seus bosques, fragas e ríos. E é que a tradición termal ten moito de fantasía e de realidade.

Dende a época romana os manantiais galegos se utilzaban como augas sanadoras, ademais de como lugares de ocio e relaxación. una tierra cuajada de leyendas. A época dourada do termalismo, de todas formas, chegou a mediados do século XIX e ata principios do XX, cando os balnearios se convertiron en grandes centros sociais, onde se xuntaba o mellor da sociedade.

Na actualidade, podemos dicir que os balnearios están a vivir a súa segunda época de ouro. Moitos, clásicos e con historia, renovaron as súas instalacións para atraer a un público máis xoven, ademáis de buscar un lugar terapéutico (como facían os nosos avós) chegan en busca duns días de descanso e o famoso self-care.

Outros, de nova construción, abren as súas portas ligados a hoteis de todo luxo.

Pero se algo hai que destacar nesta Galicia termal non é tanto a cantidade de balnearios, senón especialmente a súa variedade, que permite que cada persoa, sen saír da comunidade, atope un que se adapte ás súas necesidades, gustos ou peto: falamos dende modestos balnearios tradicionais de toda a vida, onde tratar as dores do corpo, ata os máis modernos, que ofrecen tratamentos de relax, saúde e incluso estética.

E por suposto, a oportunidade de combinar todo o anterior mentres gozamos da natureza, o deporte ao aire libre e, por suposto, a deliciosa gastronomía local.

Galicia gañou o título de principal destino termal en España. Conta con máis de 300 manantiais, convertíndoa tamén nunha das principais rexións europeas en cantidade de augas mireais e termais, convertidas en banearios de longa tradición como centros terapéuticos, de relax e de ocio.

Ademais, a auga de mar tamén posee beneficios tanto para corpo e mente, e nos talasos podemos atopar concentradas todas esas bondades. Auga, algas, barros e sales marinas combinadas con outros produtos, como o viño ou o chocolate, proporcionan experiencias únicas a quen se anima a visitar as augas máxicas de Galicia.