Día de Galicia

Camiño e peregrinaxe... de festival a festival

Xa non hai verán galego que se entenda sen festivais. Recorrelos é case peregrinaxe

Un momento do Festival Son do Camiño.

Un momento do Festival Son do Camiño. / Cedida

Especial Día de Galicia

Verán en Galicia é sinónimo de de altas temperaturas, algunha nube escondida, chaparradas a diferentes horas e noites frescas para as que está ben levar sempre unha chaqueta “por se acaso”.

Pero nos últimos anos tamén é sinónimo de música. Os festivais de verán chean de concertos (e comida) as principais cidades do país. Xa non falamos só de verbenas, orquestras e grupos que amenizan as festas pupulares nas vilas. Falamos de pulseiras de acceso VIP aos shows de artistas locais, nacionais e internacionais.

Un pulo, tamén, ao turismo, que sumando estas citas aos paisaxes galegos e as temperaturas agradables converten Galicia nun destino atractivo para todos os gustos.

Un momento do festival Portamerica.

Un momento do festival Portamerica. / INAKI ABELLA DIEGUEZ

Festivais consolidados e novas incorporacións

 A día 25 de xullo podemos falar de festivais que pasaron e que están por chegar. Algunhas das datas xa están consolidadas nas axendas dos melómanos galegos (ou dos amantes da festa)e son cita obligatoria en cada tempada estival, independentemente do cartel de artistas que ofrecen.

Un exemplo claro é o xa coñecido O Son do Camiño, que durante o pasado mes de xuño presentou a galegos e galegas unha eclética mestura de concertos que incluían a Aitana, Maluma, Bizarrap, Vetusta Morla ou Leiva.

Outros son algo máis novos, coma o Río Verbena Fest, que continúa o ritmo iniciado o ano pasado, esta vez propoñendo unha cita para os días 25 e 26 de agosto en Pontevedra. Ou unha das grandes estrelas recién chegadas, tamén na capital compostelá, o Gozo Fest, que abraiou a principios de mes coa presenza de Martin Garrix e, o seu prato forte, Robbie Williams.

Turismo musical

Dende as Rías Baixas ata A Coruña, pasando por Santiago de Compostela e chegando a Lugo, son ducias de vilas galegas as que organizan concertos de menor ou maior tamaño.

Así, chaman tamén a atención de visitantes que, aproveitando a festa e a música, escollen as paisaxes de Galicia como destino nas súas vacacións.

Aos concertos súmaselles unha importante oferta en aloxamento e gastronomía, así como roteiros, exposicións, e todo tipo de actividades culturais ligadas aos carteis dos festivais e organizadas coa intención de complementar os artistas nacionais con proxectos locais. 

Música para todos os gustos

E é que, o que converte esta listaxe de festivais nunha peregrinaxe é a súa variedade, que non deixa a ninguén fora, dando igual os seus gustos musicais.

Para quen ten un gusto musical variado xa falamos de O Son do Camiño, pero tamén entra nesta categoría o Son Rías Baixas, cun cartel onde teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska. 

Tamén hai festivais que aluden a un público moito máis concreto, coma o arquiconocido Resurrection Fest, o festival de Viveiro que cada verán recibe a miles de amantes do heavy metal. Centrado na música celta temos o Festival Intercéltico do Morrazo ou o Festival de Ortigueira,Tamén temático temos o Reggeaton Beach Festival, que se celebra en Nigrán en agosto.

A lista segue e segue: o Festival da Luz en Boimorto, o PortAmérica de Caldas de Reis ou Atlantic Fest na Illa de Arousa farán as delicias dos que queiran pasar a noite escoitando pop radiofónico ou indie nacional.

Para rematar, aínda estás a tempo de chegar ao Morriña Fest en A Coruña os próximos días 28 e 29 de xullo, con artistas coma Jason Derulo, Nicky Jam ou Two Door Cinema Club. E, aproveitando os últimos coletazos do verán, o Caudal Fest en Lugo, que os días 15 e 16 de setembro reunirá a artistas coma Vetusta Morla, Veintinuo, La La Love You ou Ojete Calor para celebrar a chegada ao último punto da peregrinaxe dos festivais de verán.