Maruja Mallo, “Sinsombrero”, “libre” e “metade anxo, metade marisco”
A inspiración galega dunha artista chave da nosa historia
Entre todas as tertulias do Madrid dos anos 20 e 30, a historia destaca especialmente a Cofradía da Perdiz coma un auténtico fervedoiro de cultura e arte. Non sorprende tendo en conta o legado dos seus integrantes pois é ben sabido que, para degustar este saboroso ave, reuníanse cada sábado na capital do país nada máis e nada menos que o poeta García Lorca, o pintor Salvador Dalí, e o director Luis Buñuel.
E si: tamén a galega Maruja Mallo, unha das nosas artistas máis ilustres, considerada unha das maiores expoñentes do surrealismo e o cubismo en España, referente indubidable do arte do século XX e fundadora de ‘Las Sinsombrero’, o grupo de mulleres artistas que, tamén no marco da Xeración do 27, reclamaron a súa autonomía e independencia. Unha muller extravagante e cosmopolita, cuxo arte veuse influenciado tamén polas súas estancias en París, Bos Aires ou Nova York.
Maruja Mallo protagoniza el noveno sello de la colección '8MTodoElAño' de Correos
Transgresora no vivir, no falar e no pintar, Ana María Gómez González (Viveiro, 1902) foi a primeira muller en aprobar os exames de Belas Artes e a primeira en ser admitida na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, un ámbito no que foi abrindose oco ata pasar a relacionarse co máis destacado da intelectualidade da época na capital do país. Contan que Ortega e Gasset quedou marabillado coa súa obra; que Miguel Hernández inspirouse nela para os poemas Imagen de tu huella incluídos en El rayo que no cesa; que Lorca asegurou que os seus cadros eran, entre todos, os pintados “con máis ima xinación, emoción e sensualidade”, e que María Zambrano dixo dela que cometera un dos erros máis destrutivos e imperdoables: ser libre.
Vínculo con Galicia
Contan que ela ría cando Dalí lle dicía que era “metade anxo; metade marisco”. E esta frase foi precisamente a elixida para dar título á sesión organizada no marco da iniciativa “Aquí faltan páxinas” da Deputación de Pontevedra adicada a Maruja Mallo e celebrada este ano en Bueu, terra onde a artista pasou o seu ultimo verán en España antes de emigrar a Bos Aires polo estalido da Guerra Civil. Máis en concreto, estivo na parroquia de Beluso, convertida nun auténtico epicentro de esplendor artístico durante os anos previos ao 36, como mostra a presenza na zona de Gonzalo Torrente Ballester, Federico Ribas ou a propia Mallo.
Unha intensa estancia que, malia que breve, supuxo o punto de partida para algunhas das series que posteriormente realizou a artista en América: ‘La religión del trabajo’, ‘Naturalezas vivas’ ou os ‘Retratos bidimensionales’ están inspirados naqueles apuntes que ela tomara en Bueu e recollera no Caderno de Galicia. A proba que amosa a conexión dunha obra de extrema e reveladora riqueza coa nosa terra e que ben compre recordar nun día como hoxe.
Temas
Más en Cultura
-
Muere la escritora y artista trans Roberta Marrero a los 52 años
-
Un vídeo de 2016 muestra al rapero Sean 'Diddy' Combs golpeando a su exnovia Cassie en un hotel
-
Muere Álvaro López Sánchez, compositor que fue ayudante musical de 'El Hormiguero'
-
Certame de debuxos e relatos de Val do Dubra polo Día das Letras