O ourive galego que traspasa fronteiras con xoias únicas
Desde Serra de Outes, as pezas de Fernando Gallego triunfan como grandes embaxaidoras da Marca Galicia no extranxeiro
Especial Día de Galicia
Estar no rural non supuxo nunca unha barreira para o deseñador e artesán Fernando Gallego, que soubo aproveitar as vantaxes de internet para amosar as súas xoias ao mundo.
Unindo tradición e tecnoloxía, este pontevedrés afincado en Serra de Outes é a demostración de que non é preciso estar na Quinta Avenida para vender alta xoiería e de que nos nosos pobos hai futuro alén dos sectores tradicionais coa creación de empresas innovadoras que se converten en embaxaidoras únicas da marca Galicia.
As súas pezas chegan hoxe a toda España e tamén a outros países como EEUU, Reino Unido e incluso Australia grazas ao compromiso cos detalles e a calidade que o ourive imprime en cada unha das súas pezas. Coa mente posta elaborar xoias duradeiras con deseños actuais e ao mesmo tempo atemporais, Fernando Gallego traballa tamén con antigüidades xenuínas certificadas como frechas gregas ou moedas romanas.
A chave, cóntanos, reside en crear xoias orixinais que teñan moita personalidade, “que destaquen entre os millóns de pezas que hoxe en día se poden atopar online”, concreta para pasar a engadir que todo isto “hai que acompañalo dunha exquisita atención ao cliente que permita lograr unha sólida reputación online”.
Novas tecnoloxías para abrir as portas
Igual de importante para o éxito de Fernando Gallego están sendo as Redes Sociais así como as celebrities, actrices, cantantes e escritoras que teñen aparecido lucindo as súas creacións.
As súas xoias tamén recibiron premios en diferentes concursos coma o Madrid Joya Designer; foron expostas no Museo Nacional de Artes Decorativas; e un dos seus colgantes tivo un papel protagonista na serie británica Discovery of Witches.
Coñecido polo cariño, mimo e orixinalidade que esculpe en todas as súas xoias nunha labora artesanal, artística e histórica, a traxectoria de Fernando Gallego amósanos que hai futuro (e moito) no noso medio rural e que é posible crear empresas innovadoras que se convertan en embaxaidoras únicas da marca Galicia en todo o mundo.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- El alimento que debes comer por las noches para perder peso sin esfuerzo
- Adiós a la campana extractora: el nuevo producto de Ikea que deja tu cocina libre de humos
- Estas son las tres enfermedades que el kiwi ayuda a combatir
- Raxoi otorga la licencia para ampliar la gasolinera más barata de Santiago
- El Obradoiro se despide de la élite: el futuro de Moncho Fernández, Eduardo Pascual y los jugadores, en el aire
- Falece un traballador ao quedar atrapado debaixo dun eucalipto en Ribeira
- Adiós a los cajeros automáticos en España: así sacaremos dinero a partir de ahora