VI GALA DO DEPORTE

“Este premio faime pensar que se te recoñecen o esforzo paga a pena continuar e intentar acadar máis títulos”

“Este premio faime pensar que se te recoñecen o esforzo paga a pena continuar e intentar acadar máis títulos”

“Este premio faime pensar que se te recoñecen o esforzo paga a pena continuar e intentar acadar máis títulos” / víctor furelos

Iria Nieto desfrutaba xogando ó fútbol no seu pobo de Val do Dubra ata que unha inoportuna lesión apartouna dos terreos de xogo, pero a vida tíñalle preparada unha sorpresa. A súa parella practicaba ciclismo e de tanto acompañalo ás competicións decidiuse a subir a bicicleta animada por el. Debutou no ciclocrós hai dous anos cando xa tiña cumplidos os 36 anos e xa é toda unha referencia con trece podios na pasada tempada.

Foi nomeada mellor deportista, como recibiu a noticia?

Aínda o estou asimilando e pregúntome por que a mín? Seguro que haberá mellores deportistas pero estou moi agradecida tanto ó Concello e o xurado como, sobre todo, o Club Ciclista Compostelano. Este premio faime pensar que se te recoñecen o esforzo paga a pena continuar e intentar acadar máis títulos. É un gran empuxón.

Como foron os seus comenzos no ciclismo?

É moi recente. Hai cousa de dous anos. Veño do mundo do fútbol que tiven que abandoar por unha lesión. Despois coñecín á miña parella que facía e fai ciclismo e foi por el que me introduxo neste deporte. De tanto acompañalo insistíame que probara decindo que para estar pasando frío e mollándome era mellor que subise á bicicleta.

Como foi a compra da súa primeira bicicleta?

Eu non sabía se me iba gustar así que invertín de xeito moderado. Empecei con unha bici de aluminio que pesaba máis ca min. Valía para pasear pero para competir non. Tiven que pasar a unha de carbono. A milloría foi grande.E debeulle gustar o da bicicleta porque non tardou en destacar.A progresión foi moi boa. Ó ir acadando algún podio vas poñendo obxectivos maiores.

O seu caso é dos que se pode decir que un ciclista nace e non se fai?

Hai os dous casos pero o compoñente máis grande é o de ter unhas cualidades innatas. Hai extraterrestres como Van der Poel ou Pogacar, pero teñen que ter unhas cualidades para chegar a donde están.

Só se centra no ciclocrós ou aspira a competir en estrada?

Na miña categoría de Master 30 faise algo en estrada e xa fun ás probas que puiden. Algún podio fixen pero ó haber tan poucas probas pregúntaste se paga a pena entrenar e esforzarte para que despois non se organicen carreiras. Empecei no ciclocrós e vou probando distintas modalidades. De feito este ano cambiei de equipo. Empecei no Compostelano, do que non me quero desligar e aínda axudo en categorías base, pero agora corro no Club Oiense porque fai máis estrada e é moi importante contar con un grupo e non competir en solitario. Este ano a ver como se da a estrada. Hai outro nivel. As rapazas entrenan máis e algunhas ata son semiprofesionais.

E se tivese que escoller entre ciclocrós ou estrada?

A mín o que me gusta é o dinamismo. Agora pedaleo, agora hai que saltar da bici, agora toca correr… A estrada é sempre o mesmo, aínda que teñas que subir algún porto é máis monótono.

E na súa experiencia en ciclocrós, cal foi o circuito máis difícil?

Este ano corrín por primeira vez nas Pontes. É tremendo pero é precioso, cerca do lago con tramos de area e gravilla… gustoume moito pero é un circuito que pide moito esforzo. O balance da tempada non pode ser mellor para quen debutou hai dous anos. Doce podios. Non contaba. Competindo con Chus Barros, que é un gran referente. Solo con ir á súa roda e aprender dela era suficiente.

E despois de xogar ó fútbol, que opina das esixencias do ciclismo?

No ciclismo eres ti e ti. No fútbol tés quen te acompañe ou te cubra pero aquí é pedalear un e nada máis. Ademais tiven que cambiar a alimentación. Adapteime ben. Antes das carreiras tomo hidratos e despois algún complemento alimenticio que me axude a recuperar.

E como é o adestramento?

Adáptome á tempada. Cando hai ciclocrós vou polo monte e algo de asfalto. En inverno tiro máis por sendeiros e monte e cando o tempo non deixa porque hai temporais tiro máis de rodillo. Cando chega a primavera vou máis polo asfalto.

A dificultade do asfalto está na seguridade?

A nivel de seguridade no monte podes coller unha pedra e caer ou perder o equilibrio e ir á cuneta pero na estrada se te dan un golpe… non o contas. Hai condutores un pouco perigosos e que non respectan. Da medo pero non podes pensar niso.

A última pregunta é para a discrimación que vive o ciclismo feminino. Hai tantas diferenzas con respecto ó masculino?

Claro que hai diferenzas. Vexo que houbo avances pero estamos estancadas en vez de seguir avanzado. Parece que cada vez se poñen más trabas ós clubes, pídenselle máis papeis. O ciclismo de homes é máis popular pero o feminino sería semellante sempre que houbese o apoio de entidades e institucións e facilitasen a celebración de carreiras para non ter que desprazarse a León ou Asturias cada fin de semana para poder correr.

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024