VI GALA DEPORTE

Sofía Toro explicou o plan para que Galicia teña dous millóns de persoas facendo deporte

Sofía Toro na súa intervención.

Sofía Toro na súa intervención. / víctor furelos

víctor furelos

A medallistaa de ouro olímpica Sofía Toro ocupa na actualidade a xerencia do Cluster do Deporte de Galicia, que afronta agora o reto de conseguir que en Galicia cheguen a practicar deporte dous millóns de persoas, e no que xa está moi involucrado o Concello de Santiago.

Sofía Toro deu a coñecer os datos dun estudo que calcula que o 46% da poboación galega practica deporte de xeito regular e as estimacións falan de que cada un deles fai un gasto de 200 euros ó ano.

Para acadar este obxectivo o Cluster trata de involucrar tamén ós Concellos –o de Santiago xa está en marcha– para entre todos conseguir unha poboación moito máis san grazas sobre todo á práctica deportiva, o que tamén suporá un aforro importante no eido sanitario.

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024

LE AQUÍ O ESPECIAL VI GALA DO DEPORTE CONCELLO DE SANTIAGO 2024