Clun promociona os seus pensos, leites maternizadas para gando e servizos de asesoramento na mostra Moexmu

A cooperativa patrocinou o Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2024, que premiou a Nicolás Andrade (Mesía), María Otero (Castro de Rei) e Yasmín Villamide (Pol)

Clun promociona os seus pensos, leites maternizadas para gando e servizos de asesoramento na MOEXMU

Clun promociona os seus pensos, leites maternizadas para gando e servizos de asesoramento na MOEXMU / cedida

Redacción

A cooperativa rural galega Clun aproveitou a súa presenza na Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que esta fin de semana celebrou a súa corenta edición, para dar a coñecer os pensos de calidade e os leites maternizados para gando que comercializan dende a cooperativa para o desenvolvemento óptimo da actividade gandeira.

Ademais de explicar as vantaxes destes produtos innovadores, tal como indica un comunicado, técnicos especialistas da cooperativa presentaron aos gandeirosque acudiron o stand os distintos servizos de asesoramento e apoio que Clun ofrece aos seus socios, para acadar a máxima eficiencia das súas explotacións, mellorar a cadea de valor e aumentar a sustentabilidade da produción láctea.

Uns servizos de asesoramento personalizado que inclúen moitas das cuestións de actualidade no sector como as consecuencias para as ganderías dos decretos de ordenación bobina, de nutrición bobina e de ferramentas informáticas que entraron en vigor este 2024. Unha nova lexislación que obriga a ter implantado un Sistema Integral das Explotacións Bovinas, contar coa nova figura do veterinario de explotación e levar un Caderno de Explotación.

Así mesmo Clun, como patrocinador oficial do Campionato Puntuable Club Xóvenes Gandeiros de Galicia 2024, participou no Concurso de Xóvenes Manexadores Muimenta 2024, celebrado no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta e no que se premiou a Nicolás Andrade (Mesía) na sección de entre 21 e 30 anos; a María Otero (Castro de Rei) na categoría de entre 16 e 20 anos; e Yasmín Villamide (Pol), na sección de entre 10 e 15 anos. Na categoría de menores de nove anos, o xuíz decidiu premiar aos 11 participantes.

Máis de 3.000 socios

Clun é unha cooperativa láctea con sede en Ames froito da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto. Conta con máis de 3.000 socios dunha trintena de municipios galegos, aos que asesora e apoia de forma constante para que poidan acadar a máxima eficiencia nas súas explotacións, mellorar a cadea de valor e a sustentabilidade da produción láctea. Emprega de forma directa a máis de 420 persoas, ademais dos empregos indirectos asociados á súa actividade.

 En 2022 acadou unha facturación de máis de 240 millóns de euros, un 27,4% máis que no exercicio anterior. Os seus produtos véndense en máis de 60 países de todos os continentes e as súas exportacións medraron un 50% con respecto ao exercicio anterior.