Axenda cultural: Que facer hoxe, 2 de maio, en Santiago?

José César Perales

José César Perales / CEDIDA

Charla sobre o uso de pantallas no Gaiás

José César Perales, catedrático de Psicoloxía experimental da Universidade de Granada, dará a charla Mitos e evidencias sobre o uso intensivo de dispositivos e aplicacións na rede na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura ás 18:00 horas.

Na conferencia abordarase a base científica e o temor de que o uso excesivo das tecnoloxías poida ser prexudicial para a saúde mental dos rapaces, así como a importancia de investigar todas estas cuestións de xeito sistemático e atendendo a algúns factores importantes para previr posibles problemas.

Esta charla pertence ao segunda edición do Ciclo de Cultura Científica: Tecnoloxía con sentidiño, un proxecto da Xunta de Galiza dirixido ao público en xeral, á comunidade educativa e aos docentes.

Conversa no CGAC ao redor da obra de Antón Lamazares

O Centro Galego de Arte Contemporánea propón unha conversa cos expertos en arte António Gonçalves, Xosé Luís García Canido e Bernardo Pinto de Almeida, para poder comprender mellor a obra de Antón Lamazares hoxe ás 18:30 horas.

Antón Lamazares en Inda é día / ANTONIO HERNÁNDEZ RÍOS

Antón Lamazares en Inda é día / ANTONIO HERNÁNDEZ RÍOS / ECG

A entrada será libre e gratuíta ata que se complete a capacidade da sala. Nesta conversa, farase unha viaxe a través do tempo, percorrendo os cincuenta anos de traballo de Lamazares, revisitando as súas obras.

O obxectivo do coloquio é facer unha observación renovada das súas coleccións para comprender mellor o significado das obras contrapoñéndoas co seu contexto.

Mostra de Marc Albiac en El Corte Inglés

Inaugúrase a exposición “Vida salvaxe a través do obxectivo” no Corte Inglés ás 19:00 horas, una colección de 14 imaxes do fotógrafo Marc Albiac sobre a fauna salvaxe. Para os que acudan á inauguración, recibirán unha imaxe firmada polo fotógrafo.

Exposición “Vida salvaxe a través do obxectivo” de Marc Albiac en El  Corte Inglés, Santiago de Compostela

Exposición “Vida salvaxe a través do obxectivo” de Marc Albiac en El Corte Inglés, Santiago de Compostela / CEDIDA

Actividades na Feira do Libro

Na carpa de actividades, faranse varias presentacións: ás 17:30 o libro Nuestro último verano en la isla de Abril Camino e ás 18:30 a presentación de Natureza camiña emocións, de Xosé Manuel Lobato.

Ademais, contarase cunha conversa ás 19:30 Compostela Distópica/ Utópica. Relatos da Cidade. Por último, Samuel Ferro asinará Tierra de leyenda II ás 18:00 e 19:00 en diferentes casetas de librerías, e Miriam Beizana asinará A soidade das nenas ás 19:30.

Swing Jam Session na Casa das Crechas

Un xoves máis, terá lugar o evento musical Compostela Swing & Manouche Jam Session na Casa das Crechas. A sesión comezará coa actuación do Tato Trío, formado por David Tato, Alex Salgueiro e Lar Legido, e despois darase paso, coma sempre, á jam session.

O evento comezará ás 21:00 horas e a entrada costa 6 euros por persoa.

Eventos de educación e lingüística na USC

Hoxe a Universidade de Santiago de Compostela fará dous eventos: o primeiro, a partir das 10:30 no Salón de Actos de Filoloxía, a Olimpíada “Trocando Linguas”; e o segundo, “Cos ollos de Frato. Conversa coloquio con Francesco Tonucci” no Salón de Actos da Facultade de Pedagoxía do Campus Sur ás 17:15.

Soma de Javier Martín no Teatro Principal

Organízanse dúas sesións teórico prácticas para 30 persoas ás 11:00 e ás 16:00, cada unha de tres horas, no Teatro Principal para achegar ao público ao proceso de creación e posta en escena dun espectáculo de danza.

Soma é un proxecto de Javier Martín. A entrada é de balde, aínda que é necesario inscribirse previamente.