ELECCIONES MUNICIPALES 28M

Vanessa Vidal Freire

Vanessa Vidal Freire, candidata de Podemos á alcaldía de Ames

Vanessa Vidal Freire, candidata de Podemos á alcaldía de Ames

ECG

Vanessa Vidal Freire, candidata de Podemos á alcaldía de Ames

Nada en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1985, residiu unha parte da súa vida en Venezuela, retornando a Ames no 2002. Nai dunha filla. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Enfocou a súa actividade laboral ao ámbito xurídico, sendo analista de sentenzas para a creación de bases de datos, facendo prácticas en despachos de procuradores e avogados e traballando como avogada bolseira nun despacho en Santiago de Compostela. No tocante á política, é membro do Círculo Podemos Ames desde hai oito anos, colaborou coa anterior dirección de Podemos Galicia en diferentes grupos de traballo e tamén no ámbito institucional, no Parlamento galego.