Seguridade na Rede: ferramentas gratuítas para protexer os datos de ciberataques
PuntoGal e a Global Cyber Alliance presentan a versión en galego do "ToolKit", que inclúe utilidades que garanten a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos // Está destinada a profesionais do xornalismo, pero pode empregala calquera usuario interesado pola seguridade en liña
O incremento do uso do mail, as videochamadas, as redes sociais ou o teletraballo que trouxo consigo a pandemia, e que chegou (parece que) para quedar, ten derivado tamén nun aumento da ciberdelincuencia. Segundo o último Balance de Cibercriminalidade, correspondente a 2022, en Galicia un 22% do total de infraccións foron estafas a través de medios telemáticos. Isto supón unhas 19.000 estafas; unha cifra que recolle unicamente as que se coñecen.
Coa finalidade de protexer o que se fai e se comparte na Web, así como os equipos e dispositivos móbiles, PuntoGal e a Global Cyber Alliance (GCA) veñen de compartir a versión en galego dunha caixa de ferramentas pensada para garantir a seguridade das comunicacións e do almacenamento de datos na Web. Está destinada, de xeito específico, a aquelas persoas que se dedican ao xornalismo, pero resultan moi útiles para calquera usuario que queira mellorar a súa seguridade en liña.
Ciberseguridad y pandemia, los detonantes del baile de primeros ejecutivos en las empresas españolas
Na presentación, celebrada na sede do Colexio de Xornalistas de Galicia (CPXG), o presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou que este portal de ferramentas, o segundo que publican en colaboración coa GCA –o primeiro estaba destinado a Pemes–, "permite os profesionais do xornalismo dar un primeiro paso no diagnóstico e prevención de posibles problemas de seguridade". González inscribiu esta iniciativa no esforzo do dominio galego para se constituír coma un espazo seguro. Nesta mesma dirección vai a protección a través da plataforma Domain Trust, un proxecto promovido pola CGA "para facilitar o intercambio de información sobre dominios maliciosos, unha das infraestruturas esenciais usadas pola ciberdelincuencia".
Pola súa banda, Valeria Pereiras, en representación da Xunta de Goberno do CPXG recordou que "moitos xornalistas teletraballan, manteñen os seus equipos e non contan co apoio de departamentos de sistemas que se preocupes pola súa seguridade". Estas ferramentas, dixo, "cobren unha eiva que sentimos no coidado dos nosos instrumentos de traballo, cada día máis complexos e máis expostos a sufrir ataques". Tamén avanzou que o CPXG ten previsto, xunto coa GCA, organizar varios webinars e así como outras iniciativas en materia de seguridade online.
Cae una red de ciberdelincuencia que extorsionó a más de 1.300 entidades
Estes obradoiros de traballo servirán para presentar en profundidade estas ferramentas e identificar cuestións de ciberseguridade relevantes como o uso de ferramentas online, a compresión de conceptos de ciberseridade básicos, as principais ameazas ás que se enfrontan os xornalistas na Rede, recomendacións e boas prácticas, así coma o uso destes recursos. Así o explicou Marina Calvo, da Global Cyber Alliance, quen tamén comentou que "Galicia está volcada coa ciberseguridade. A estratexia ata 2030 ten obxectivos moi claros en canto á promoción dun espazo global, aberto, fiable e seguro para a cidadanía".
Alerta por una estafa con SMS al inicio de la campaña de la Renta
A vicepresidenta do Colexio Oficial e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións, Edita de Lorenzo, salientou "o compromiso dos profesionais das telecomunicacións coa seguridade, tendo en conta a cantidade e a importancia dos datos que cada día movemos nas redes e a protección que requiren".
Para pechar o acto, Gustavo Herva, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), destacou que "temos que seguir traballando para impulsar a colaboración público-privada e intensificar accións encamiñadas a fortalecer a ciberseguridade en Galicia, e a mellora das competencias no uso da tecnoloxía".
Temas
Más en Galicia
-
Galicia se encamina hacia otro año de récord: "Tenemos que captar un turismo de calidad"
-
El objetivo del BNG en las europeas: conseguir un escaño directo para Miranda en las urnas
-
Rueda con Felipe VI: solicitará una reunión a Sánchez para poner sobre la mesa la agenda gallega
-
Galicia se queda con 125 banderas azules