Luísa Villalta será a homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024
A poeta e ensaísta converteuse nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos ano 80 e comezos dos 90
Luísa Villaltaserá a sexta muller homenaxeada o Día das Letras Galegas
A Real Academia Galega (RAG) dedicará o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004). Así o decidiu o pleno da constitución reunido este xoves en sesión ordinaria.
Segundo o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, acordaron homenaxear a esta poeta e ensaísta o próximo 17 de maio, concidindo co 20 aniversario do seu falecemento.
Villalta, creadora dunha obra singular e sólida converteuse nunha das grandes figuras da literatura galega da segunda metade dos ano 80 e comezos dos 90.
O Día das Letras Galegas estará adicado a esta autora, cun programa de actos que se ampliará durante todo o ano para divulgar a figura, tal e como se fixo este ano con Francisco Fernández del Riego.
Luísa Villaltaserá a sexta muller homenaxeada o Día das Letras Galegas, que empezaron no ano 1963 con Rosalía de Castro.
Temas
Más en Galicia
-
Una estadounidense conduciendo por Galicia se queja de algo de lo más cotidiano para nosotros: "¿Cómo lo hacen?"
-
El ministro Óscar Puente prueba hoy la alta velocidad entre Madrid y Santiago
-
QMIO, el único computador cuántico de España, abre sus puertas a la comunidad científica
-
Segunda jornada de encierro estudiantil en la facultad de Historia contra la barbarie en Gaza