A nova conselleira do Medio Rural ve "probablemente intencionados" os últimos incendios: "Vai no ADN de Galicia"
Nun encontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, a conselleira sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?"
![A nova conselleira do Medio Rural, María José Gómez, este xoves trala reunión co vicepresidente primeiro da Fegamp, Héctor Manuel Corujo, para abordar as novas medidas para combater a velutina](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/be7e5574-ab1e-49d1-a8b1-44165e95aecc_16-9-discover-aspect-ratio_default_0_x1148y141.jpg)
A nova conselleira do Medio Rural, María José Gómez, este xoves trala reunión co vicepresidente primeiro da Fegamp, Héctor Manuel Corujo, para abordar as novas medidas para combater a velutina / XOAN ÁLVAREZ
E.P.
A nova conselleira do Medio Rural, María José Gómez, considera que os incendios desta semana rexistrados na comunidade son "probablemente intencionados". "Vai no ADN de Galicia", afirmou.
A preguntas da prensa antes de participar en Santiago nun encontro de coordinación sobre a loita contra a velutina, a conselleira sinalou que "están a vir uns días de seca, con nordeste, vento forte, e xa sabedes o que pasa, non?". Remarca sobre uns lumes que "están a evolucionar ben".
O peor incendio rexistrado desta semana foi até o momento o de Crecente (Pontevedra), con 170 hectáreas queimadas. En declaracións a Europa Press, o alcalde, Julio César García-Luengo, asegurou que "non hai ningunha dúbida" de que o lume iniciado en tres focos diferentes no municipio "foi intencionado".
Cuestionada sobre a petición de maior estabilidade de persoal laboral fixo descontinuo de loita contra o lume en Galicia, a conselleira respondeu: "Non me chegou esa petición". Lembra que os traballadores con contratos de seis meses van pasar a nove meses en 2026. Esta mesma semana incorporáronse preto dun milleiro para traballar durante sete meses.
![Axentes dos equipos de bombeiros traballan na extinción do incendio declarado esta semana en Crecente](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/bd066d79-26c8-4e2f-8ad4-7da24c699852_alta-libre-aspect-ratio_default_0.jpg)
Axentes dos equipos de bombeiros traballan na extinción do incendio declarado esta semana en Crecente / Adrián irago (EP)
No que vai de semana, extinguíronse en Galicia os incendios de: Crecente, con 170 hectáreas arrasadas; A Fonsagrada, 65 hectáreas; Oímbra, 23,5 hectáreas; así como no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, dúas hectáreas. En total, suman unhas 260 hectáreas calcinadas.
"Levo tres días na Consellería"
Por outra banda, tamén foi preguntada por diferente demandas que lle fan organizacións agrarias respecto do seu novo cargo. "Levo tres días na Consellería, non tiven tempo nin de despachar con todos os directores xerais", indicou Gómez.
"Non falei con Unións Agrarias nin me chegou a min ningunha petición, de momento", expresou sobre esta cuestión.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- La lluvia reaparece en el verano de Galicia: este es el pronóstico de MeteoGalicia para el fin de semana
- La misa y ofrenda floral en honor a Rosalía de Castro congregan a más una treintena de instituciones gallegas
- Dos menores heridas en Muros al saltar desde un puente cuando pasaba un barco por debajo
- Impresionante chalet de ensueño en Santiago de Compostela: a 10 minutos del centro y 30 de la playa, todo un lujo a buen precio
- Esta es la aldea gallega que se encuentra al borde de los acantilados más altos de Europa: en la provincia de A Coruña
- La ola de calor se atenúa en Galicia: el alivio será temporal porque así se prevé el tiempo
- Os premios Alba de Compostela conseguen unir a todos os membros da Corporación local