Non moitas son as persoas que logran chegar aos 30 anos na televisión, un número redondo que acaba de acadar o humorista e presentador Roberto Vilar [Xove, 1971] e polo que hoxe arranca en Lugo Celebreixon, unha xira –a primeira que realiza– polos teatros de toda Galicia que non chegará a Santiago ata o sábado 3 de febreiro. Farao no Auditorio ABANCA cun dobre pase (ás 18.00 e ás 21.00 horas).