Olladas ao País
Sentidiño fronte á toxicidade da política madrileña
Se ollamos a prensa de Madrid semella que existe traizón ao Estado ao longo e largo das Españas. Semella tamén que rexurdiu aquela vea do romance de cabaleirías castelán adxectivando ao leste e ao solpor os comportamentos dos políticos que alicerzaron o pacto de investidura no Congreso estatal. “Felonía” ou “abyección” son verbas caducas que enchen as pantallas dos distintos dixitais mentres Núñez Feijóo mércalle a axenda a Abascal e Abascal, blindado pola Fundación Denaes e outras entidades extremistas, abanea entre a marcha manifestante a Roma de Mussolini (outubro de 1922) e o seu discurso supremacista e negacionista da igualdade de xénero, da plurinacionalidade do Estado, do europeísmo, da igualdade de todos e todas e das liberdades.
Veñen, pois, as eleccións nacionais galegas nas que o bloque de dereita extremada e extrema dereita de Núñez Feijóo e Abascal queren seguer a falar do seu. E o seu é o balbordo de ruada e de deslexitimación dos resultados electorais e, no caso galego, a substitución da axenda galega do 2024 pola axenda desta dereita extremada e extrema dereita españolas que hoxendía repenica as doutrinas de Vox.
Mais a ampla maioria da nosa cidadania galega non gosta destes balbordos, destes rebumbios, destes extremismos, senón que está pola educación e as boas formas, polas liberdades, polo progreso económico sostíbel e por atender aos grandes retos que vai enfrontar Galicia no próximo futuro. Núñez Feijóo pensa que pode levar a vindeira campaña electoral galega á amnistía e á “traizón” de Sánchez amosando, deste xeito, ter esquecido moitas das eleccións que aprendeu nos trece anos da súa presidencia
Velaí que esta vindeira elección nacional galega ha ser a do debate entre a Galicia moderna, activa, autónoma e autoxestionada, que olla dende o autoaprezo cara ao desenvolvemento sostíbel, o benestar e o dereito a ser e decidir e a Galicia da continuidade e do continuísmo, da dependencia política, económica, enerxética, alimentaria, cultural e lingüística, do estancamento, da falla de incentivos e do conformismo.
Se Rueda, na súa adhesión feijoniana, quere repenicar a toxicidade da política madrileña nesta vindeira andaina electoral vaise atopar co sentidiño de centos de milleiros, mentres ha deixar na incomprensión os milleiros dos seus votantes que acreditan que as eleccións galegas son para falar, na marxe dos modos e maneiras democráticas que tan ben coñece o noso pobo, das angueiras, problemas, oportunidades, feblezas e fortalezas deste noso País.
Cómpre termos axiña unha de reposto.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- Devuelven unos 4.000 euros que escupió un cajero automático en Lalín tras ingresarlos un vecino
- Ocio nocturno en Compostela: un viaje nostálgico a la era dorada de los 80 y 90
- Así fue el discurso viral de una gallega contra el turismo que cada año inunda Santiago de Compostela: "Somos un decorado en su Camino de Santiago
- “Sí, quiero”... pero con separación de bienes: ¿Por qué la mitad de los gallegos eligen ya esta opción?
- Así es el impresionante palacete que recuerda a Downton Abbey: a la venta en Santiago de Compostela
- Las ventas de coches cierran el primer cuatrimestre en Galicia con un aumento de casi el 16%, el doble que en España
- La USC nombra dos nuevos doctores "honoris causa