Formoso adxudicará en abril a obra da variante do último tramo da estrada Galanas-Cacheiras
Permitirá evitar a travesía do núcleo da Igrexa e inclúe a mellora do trazado actual // Ten un investimento de 561.215 € // A alcaldesa pediulle reforzar a seguridade en varias vías
redacción
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantiveron un encontro no que analizaron o proxecto de ampliación e mellora da estrada provincial DP-8202 en Cacheiras, entre os puntos quilométricos 3+500 e 4+240. Co proceso de licitación próximo á súa finalización, está previsto que o contrato coa adxudicataria da execución das obras se poida formalizar o mes que vén.
A construción dunha variante entre ditos puntos quilométricos evitará o paso da maior parte do tráfico polo núcleo da Igrexa, unha zona onde a vía actual é estreita e perigosa, e mellorar significativamente a seguridade viaria nunha zona na que era moi necesario. A ampliación e mellora da DP-8202 conta cun importe de licitación de 561.215,62 euros e un prazo de execución é de 8 meses.
A obra consistirá na creación dunha nova plataforma para a variante, do punto quilométrico 3+50 ao 4+040, e na mellora da actual onde o trazado coincide co actual. Acadarase un ancho de 9 metros, dos que 7 se destinarán á calzada e os outros 2 a beiravías (1 metro a cada lado).
En canto á sinalización, a horizontal farase con marcas viarias de pintura branca reflexiva no eixo e nos bordos da calzada. Para a vertical, instalaranse sinais reflexivos. Tamén se contempla colocar barreiras de seguridade tipo bionda nos terrapléns de altura superior a 3 metros.
Por outra banda, a alcaldesa solicitoulle a Valentín González que a Deputación mellore a deficiente seguridade viaria en diversas estradas deste organismo provincial.
Neste senso, a rexedora municipal trasladoulle que as estradas que pasan polo concello de Teo “están en moi mal estado, non só polo tráfico e as inclemencias meteorolóxicas, senón tamén pola falta de investimento no seu mantemento”.
Unha cuestión, segundo matizou Calvo de la Uz, que cómpre remediar “polo ben de toda a poboación”. Así, na estrada DP-8205, que vai da Ramallosa a Casalonga, “é máis que necesaria unha mellora da seguridade viaria e a renovación do firme, ademais de sinalización, por ser paso de nenos e nenas que van á parada de autobús”. Asímesmo, considera urxente acondicionar nesa estrada a ponte do rego de Sestelo, reforzando a súa estrutura e, polo tanto, a seguridade. Por último, a DP-8201 (que pasa por Oza) tamén precisa dunha mellora e acondicionamento do seu firme, ao ser unha estrada moi transitada. Calvo de la Uz engadiu que, do mesmo xeito que no caso das anteriores, “cómpre reforzar a sinalización vertical e horizontal”.
- El Correo Gallego - Diario de la capital de Galicia
- El dueño de un bar de Santiago y otras dos personas acaban en el hospital tras ingerir sin saberlo un pastel de marihuana
- Salta la polémica por la actuación de la Panorama en la fiestas de la Ascensión: ¿es el Obradoiro el mejor lugar?
- Ya se puede descargar el Bono Activa Comercio: cómo hacerlo y dónde utilizar el descuento
- Así captaba a chicas el lama detenido por dar mercurio a sus fieles: "La relación sexual será un instrumento de mayor consciencia
- La empanada esculpida en el Pórtico de la Gloria: el manjar que los godos trajeron a Galicia
- Confirmada la Panorama en Santiago: Raxoi hace oficial el lugar de la actuación pese a las advertencias de Apatrigal
- Fin de semana con tiempo frío y precipitaciones: este es el día que más va a llover en Galicia