CA pregunta sobre as deficiencias na recollida do lixo

Contenedores de lixo nunha rúa de Compostela

Contenedores de lixo nunha rúa de Compostela / ECG

Redacción

Compostela Aberta pediralle ao Goberno que dea conta no próximo Pleno das inspeccións e controis de calidade do servizo de recollida do lixo que se veñen desenvolvendo desde a entrada en vigor do novo contrato, e das sancións impostas por posibles incidencias. Según indica a formación nunha nota de prensa, o concelleiro Xan Duro lembrou que “CA xa pediu esta información por escrito o pasado 14 de decembro, o prazo establecido polo regulamento municipal para responder é dun mes, pero pasados máis de dous meses seguimos sen acceder a eses datos, nunha práctica á que lamentablemente xa nos tén afeitos aos grupos da oposición”. O edil preguntouse “que tén que esconder e a quen quere protexer o Goberno” e lembrou que o comité de empresa de Urbaser segue denunciando o mal funcionamento do servizo.