A Festa da Uña de San Lázaro será do 24 ao 27 de marzo
A Festa da Uña de San Lázaro, unha celebración con gran tradición en Compostela e unha das citas gastronómicas mais antigas de toda a comunidade, terá lugar do venres 24 ao luns 27 de marzo, día no que terá lugar a popular poxa das uñas.
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e o presidente da Orde da Uña, Fernando Neira, presentaron onte o programa festivo.
Vinte e sete restaurantes, de San Lázaro e doutros barrios, ofrecerán as súas versións do tradicional prato das uñas, que adoitan acompañarse de bertóns, patacas e chourizo. Con esta cifra, o número de restaurantes continúa subindo ano tras ano, xa que no 2022 foron 23 e 21 no 2019, antes do parón xerado pola covid-19.
Dende a Orde da Uña, asociación gastronómica cultural organizadora da festa, este ano queren facer unha homenaxe especial a tres músicos do barrio falecidos nos últimos anos: Bartolo, Pascual e Antonio o Petelo, dedicándolles o Día de Foliada o domingo 26. A festa rematará o luns 27 coa orquestra París de Noia.
Temas
Más en Santiago
-
Agenda cultural: ¿Qué hacer hoy, martes 7 de mayo, en Santiago?
-
Ricardo Mairal: “Apostamos por modelos flexibles que permitan intercambios físicos y virtuales”
-
El Concello estudia reforzar las conexiones con Lavacolla por el cierre de Peinador: "La sobrecarga de trabajo es insostenible"
-
Galder Varas en Santiago, así fue el show compostelano del cómico de moda