Síguenos en redes sociales:

Prácticas para os alumnos da USC nas firmas do polígono do Tambre

Prácticas para os alumnos da USC nas firmas do polígono do TambreECG

A USC e a Asociación Área Empresarial do Tambre asinaron a pasada semana un convenio de colaboración para a realización de prácticas académicas externas, curriculares ou extracurriculares, do alumnado de todas as titulacións oficiais de grao e máster universitarios oficiais impartidos na USC. O acordo, que terá unha duración de catro anos, contempla que se realizará, como mínimo, unha convocatoria de prácticas en cada curso académico. Na selección do alumnado valoraranse os méritos académicos, e priorizaranse as prácticas curriculares sobre as extracurriculares.

Pulsa para ver más contenido para ti