O goberno local aproba o proxecto de regulamento do Consello Municipal da cidade histórica
A súa actuación recolle a representación dos intereses colectivos de veciñanza e entidades
A Xunta de Goberno Local aprobou onte o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. É un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella. Está integrado pola presidencia, dúas vicepresidencias; as vogalías, e a secretaría. Na designación dos seus membros promoverase a presenza equilibrada de homes e mulleres, dacordo co establecido no artigo 16 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
A presidencia ocuparaa aquela persona que ostente a alcaldía de Santiago. Unha das vicepresidencias corresponderalle a persoa titular da concellaría de Cidade Histórica, e a outra será desiganda polo Consello a proposta da presidencia. Na vogalía estarán representantes dos grupos políticos da Corporación municipal; do Consorcio; da USC; do Colexio Oficial de Arquitectos; e das asociacións veciñais, de comerciantes e culturais da cidade histórica.
A actuación do Consello, no marco das competencias que ten atribuídas o Concello de Santiago, comprende todas aquelas materias representativas de intereses colectivos da veciñanza e entidades domiciliadas na cidade histórica ou que pola súa actividade e fins estean relacionados con ese ámbito da cidade. Ademais, poderá colaborar con outras administracións e entidades, públicas ou privadas, para o mellor desenvolvemento das súas funcións e satisfacción dos seus fins nas materias comprendidas no seu ámbito de actuación. A partir de agora, este regulamento continúa a súa tramitación e enviarase a Pleno.
Temas
Más en Santiago
-
La colección ‘Mentes curiosas - curiosas mentes’, nueva apuesta del CSIC para divulgar mejor la ciencia
-
O edil Adrián Villa asegura que os usuarios da liña 6A "van quedar sen servizo"
-
Estos son los vuelos cancelados por la huelga en el aeropuerto de Santiago
-
La residencia de estudiantes del viejo hospital de Galeras costará unos 900 euros al mes