Libros

A gala dos Premios Follas Novas será o día 22 de abril

Participantes na presentación da gala dos Premios Follas Novas 2023.

Participantes na presentación da gala dos Premios Follas Novas 2023. / ecg

ECG

A gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego presentouse onte no Teatro Principal como un evento que reúne, na mesma actividade, a todo o sector do libro. A cita terá lugar o vindeiro sábado 22 de abril, no Teatro Principal, a partir das 19:00 horas, nunha gala na que se coñecerán aos gañadores das distintas categorías dos premios Follas Novas do Libro Galego. Será conducida pola actriz Patricia de Lorenzo, con participación do grupo musical Mallou. Os galardóns honoríficos serán para Ediciós do Castro, libraría Númax e para a escritora Lydia Cacho.