A marcha do Cristo da Paciencia puxo fin á Semana Santa

Procesión do Cristo da Paciencia polo casco histórico santiagués

Procesión do Cristo da Paciencia polo casco histórico santiagués / redacción ecg

Redacción

A Dominica in Albis puxo punto e final este domingo, por este ano, á Semana Santa compostelana coa procesión do Santísimo Cristo da Paciencia, que con moito público durante o seu recorrido gracias, en parte, ao bo tempo, partiu da Catedral ás 11.00 horas e tras percorrer a praza de Praterías, rúa do Vilar, Porta Faxeira, Campo da Estrela, avenida Xoán Carlos I, rúa Rosalía de Castro, avenida de Vilagarcía, rúa García Prieto, rúa Sánchez Freire, dirixiuse, como cada ano, á súa sede, a igrexa da Mercé, en Conxo.

A procesión estivo acompañada de confrades e fieis, da Asociación do Traxe Galego e do Grupo de gaitas Os Valentes de Conxo, así como da banda de tambores da confraría.

Promovida pola Confraría da Escravitude do Cristo e da Mercé, a procesión leva a talla do crucificado realizada por Maximino Magariños no ano 1915, que en particular neste acto sustitúe a imaxe titular da confraría, que se trata da realizada polo famoso artista vallisoletano Gregorio Fernández no século XVII.