Verea propón que os maiores aparquen gratis na zona azul
Propón por en marcha a reserva de zonas de aparcamento en distintos puntos preto de áreas sensibles
O candidato do PP a Alcaldía, Borja Verea, asegurou onte que, de ser alcalde, os maiores de 60 anos poderán aparcar na zona azul totalmente gratis, mantendo a rotación como o resto de usuarios. Verea presentou estas iniciativas nunha xuntanza con maiores celebrada este mércores, na que estivo acompañado polo director xeral de Maiores da Xunta, Antón Acevedo, dentro do ciclo de conversas #SoñarSantiago, e na que tamén participaron entidades sociais como residencias, centros de día e distintas asociacións relacionadas co eido dos maiores e persoas con mobilidade reducida. Asegurou que Santiago soporta diariamente un grave problema de tráfico que, en catro anos, o Goberno socialista “amosouse incapaz de arranxar”. Así, propón por en marcha a reserva de zonas de aparcamento en distintos puntos preto de áreas sensibles e moi empregadas pola xente maior como farmacias, bancos, centros de saúde, e, sobre todo, oficinas do Concello. Na mesma liña anunciou a gratuidade ilimitada do transporte público para os maiores de 60 sen limitacións.
Temas
Más en Santiago
-
Memoria histórica en Santiago: “Los nazis mandaron al crematorio a mi tío por esconder pan”
-
La heredera de Rosario Porto cerró la venta del chalé de Teo en 150.000 euros
-
El jefe de la Policía Nacional de Santiago cesa de su cargo y se va a la Comisaría de La Rioja
-
Los ucranianos refugiados en Santiago solicitan ayuda para poder integrarse