Persiste a inestabilidade meteorolóxica, con precipitacións intermitentes este domingo
En Santiago agárdanse chuvias ata mediados da semana que vén, cando se prevé unha subida das temperaturas
A inestabilidade atmosférica continuará nas próximas horas en Santiago e tamén no resto da comunidade. Na capital galega agárdanse precipitacións desde este sábado ata o luns pola mañá.
A xornada do domingo en Santiago estará marcada por ceos parcialmente nubrados e haberá chuvias intermitentes e xeneralizadas pola mañá, máis ocasionais a medida que avance a tarde. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, e serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ao habitual nesta época do ano.
En canto á predicción a medio prazo en Santiago, a partir do mércores 26 de abril as chuvias serán escasas en xeral, con ascenso das temperaturas a partir de mediados da semana, despois do descenso significativo que notaremos nesta penúltima fin de semana de abril.
No referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral.
Temperaturas extremas previstas para este domingo nas cidades galegas:
Santiago 11° 17°
A Coruña 13° 18°
Ferrol 12° 17°
Lugo 9° 18°
Ourense 11° 19°
Pontevedra 13° 17°
Vigo 14° 17°
Temas
Más en Santiago
-
¿Cómo se ha llegado a los retrasos de los pacientes oncológicos en el CHUS?
-
La Xunta amplía desde este lunes las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago
-
Día de los Museos en Santiago: música, talleres y visitas guiadas gratuitas
-
Miqui Otero: “En esta novela que presento en Santiago, la narradora es la música”