Verea promete arranxar os viais aos núcleos do Carballal

O candidato popular tamén prometeu unha brigada de mantemento e limpeza durante un encontro coa veciñanza.

Borja Verea, candidato á alcaldía de Santiago de Compostela

Borja Verea, candidato á alcaldía de Santiago de Compostela / REDACCIÓN

ECG

O candidato do PP á alcaldía de Santiago, Borja Verea, promete arranxar os viais de acceso os cinco núcleos da parroquia de O Carballal. Verea mantivo onte un encontro cos veciños, informou o PP nun comunicado, no que lles trasladou que se recibe a confianza dos santiagueses o vindeiro 28M, programará un plan de desbroces de pistas forestais e de gabias, co fin de facilitar o tránsito e evitar os riscos que se producen cando estes espazos non reciben unha mínima atención. Verea prometeu tamén unha brigada do rural de mantemento e limpeza.