Síguenos en redes sociales:

Hai máis de 6.000 envases reciclados pola comunidade universitaria a través de Reciclos

Hai máis de 6.000 envases reciclados pola comunidade universitaria a través de ReciclosSanti Alvite

As seis máquinas Reciclos instaladas na biblioteca Concepción Arenal, nas facultades de Filoloxía, Ciencias Económicas e Empresariais, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría, e nos módulos centrais dos edificios de Psicoloxía e Ciencias da Educación, así como en Matemáticas, e operativas dende comezos de ano, xa superaron a barreira dos 6.000 envases recollidos, entre latas (429) e botellas (5.519).

A instalación das máquinas no marco do Sistema de Devolución e Recompensa (SDR) de Ecoembes supuxo unha experiencia pioneira nos campus universitarios galegos que implica, en palabras do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo, “unha oportunidade de materializar nun mesmo xesto o seu compromiso co desenvolvemento sostible e o respecto polo medio ambiente xunto coa sensibilidade cara a temas de alcance social”.

As persoas usuarias tan só teñen que descargar a app gratuíta Reciclos, depositar todas as súas latas e botellas de plástico de bebidas na máquina e, ao acabar, escanear o QR que se lles mostrará. Ao facelo, obterán puntos, denominados Reciclos que poderán cambiar por distintas recompensas dispoñibles, como colaborar co Banco de Alimentos ou con Oceánidas, para axudar a conservar o fondo mariño.

A USCé a primeira universidade de Galicia en contar con este sistema de recompensa, que xa suma máis de 250 máquinas por toda España, avanzando así na súa implicación coa economía circular.

Pulsa para ver más contenido para ti