Síguenos en redes sociales:

Goretti Sanmartín recalca a importancia do voto para decidir o mellor goberno para Santiago de Compostela

Tamén asistirá a diversas actividades no Barrio Xardín e na Praza 8 de Marzo para dedicar o resto do día á familia e amizades

Goretti Sanmartín recalca a importancia do voto para decidir o mellor goberno para Santiago de CompostelaBNG

No día de reflexión, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e a candidata á alcaldía de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartin comezaron a xornada participando nun almorzo con amizades e membros da candidatura de Santiago.

A alcaldable polo BNG fixo un chamamento a que a xente reflexione "porque todos os votos son decisivos e é moi importante que as elecións sexan para conformar, a partir do 28 de maio, o mellor goberno para Santiago de Compostela".

Tras o almorzo, a candidata nacionalista participou na visita á exposición dos "50 anos de Fuxan os Ventos" acompañada pola candidatura do BNG e guiada por Tereixa Novo, compoñente historica do grupo. Durante a xornada de hoxe, Sanmartín tamén asistirá a diversas actividades no Barrio Xardín e na Praza 8 de Marzo para dedicar o resto do día á familia e amizades, tras unha intensa campaña electoral. 

Pulsa para ver más contenido para ti