Sanmartín: “Santiago abre hoxe unha nova etapa, cambia de ciclo”
Promete gobernar para toda a sociedade tras destacar que por primeira vez haberá unha alcaldesa feminista e nacionalista

Jesús Prieto / Javier Rosende Novo

Durante toda a campaña amosouse convencida de que tiña posibilidades de ser alcaldesa. O seu rival, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, contestoulle que de ilusións tamén se vive. Pero onte as ilusións fixéronse realidade. A nacionalista Goretti Sanmartín logrou seis concelleiros na Coorporación Municipal, os mesmos que o PSdeG. Pero o sorpasso produciuse en número de votos. 11.428 para os nacionalistas fronte a 10.513 para os socialistas.

La noche electoral de los partidos de Santiago en imágenes / Jesús Prieto
“Santiago inicia hoxe unha nova etapa, comeza un novo ciclo”, aseverou onte na Nave de Vidán, Goretti Sanmartín. “Somos a forza que deu ilusión, esperanza, gañas de cambio”, proseguiu. A nacionalista quixo dedicarlle a victoria en primeiro lugar a todas as mulleres que a precederon. “Por primeira vez hai unha alcaldesa nacionalista e feminista”, resaltou. A continuación esforzouse en lanzar a mensaxe de que gobernará para o conxunto de toda a sociedade. “Temos un proxecto para todo o mundo, para os barrios, para o rural, para as parroquias, temos un proxecto que comezaremos a facer realidade a partir de mañá mesmo”, afirmou.
Sanmartín indicou que asume a responsabilidade de ser alcaldesa con “toda humildade e con toda enerxía” e prometeu deixar a pel e “traballar arreo” polo concello cun “proxecto ilusionante e transformador” que permitirá “abrir unha etapa de futuro”.
“Sumamos unha nova alcaldesa para este país”, congratulouse xusto antes da intevención da compostelana a voceira nacional Ana Pontón. Porque o sorpasso de Sanmartín foi un dos maiores logros do BNG este 28-M. “É día de celebración Santiago de Compostela non é calquera concello é a capital do país”, lembrou a candidata do BNG na cidade. Sanmartín considerou o acontecido en Compostela como o preludio do que pasará nas vindeiras autonómicas con Ana Pontón como próxima presidenta da Xunta.
Durante a campaña prometeu situar as personas no centro das súas políticas, facer unha cidade accesible, feminista, verde, potenciar o comercio de proximidade e converter Compostela nunha vangarda cultura. Agora terá catro anos para demostralo.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”