Novo horario de verán para a recollida de lixo no casco histórico de Santiago

O horario das illas, en funcionamento en distintos puntos da zona vella, será de 20:00 a 23:30 horas

A illa de quita e ponda praza do Toural cambia de emprazamento

O punto de recollida selectiva ubicado na Praza de Abastos

O punto de recollida selectiva ubicado na Praza de Abastos / Concello de Santiago

Redacción

A partir deste xoves 6 de xullo, cambia o horario de colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio do Concello de Santiago.

As illas estarán dispoñibles nas seguintes localizacións para o seu uso a partir das 20:00 horas deste xoves:

  • Praza da Algalia de Abaixo
  • Rúa Salvador Parga
  • Rúa de Santo Agostiño - Ameas
  • Praza de Mazarelos
  • Praza de Cervantes
  • Praza de San Martiño Pinario
  • Praza de Praterías
  • Praza de Fuenterrabía
  • Travesa de Fonseca
  • Rúa Carretas

Estes espazos temporais para despositar os residuos estarán en funcionamento dende as 20:00 ás 23:30 horas.

Durante esta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separademente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.