Un estudo da USC conclúe que o cambio climático favorece a presencia de incendios
A tese de doutoramento do físico Martín Senande obtivo mención ‘cum laude’

Los incendios se verán favorecidos por el aumento de rayos / Pedro Puente Hoyos

A tese de doutoramento do físico Martín Senande Rivera, presentada o pasado 28 de xuño e recoñecida coa mención ‘cum laude’ abordou as interaccións entre os incendios forestais e a atmosfera nun contexto de cambio climático. Así, entre as conclusións do estudo, o investigador constatou o aumento significativo na velocidade de propagación por causa da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento da temperatura.
A investigación desenvolvida no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (Cretus) dentro do Grupo de Física Non Lineal da USC, e baixo a dirección do catedrático Gonzalo Miguez Macho, analizou os efectos do cambio climático nos incendios forestais en tres escalas. Nunha escala climática, identificouse a expansión temporal e espacial da distribución de climas asociados a unha alta actividade de incendios para un escenario futuro de altas emisións de gases de efecto invernadoiro. Nunha escala intermedia, analizouse o impacto do cambio climático no comportamento dos incendios forestais da Península Ibérica nos últimos anos, observando o aumento na velocidade de propagación por causa da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento da temperatura. Finalmente, nunha escala máis local, detectouse a influencia do cambio climático na orixe de procesos convectivos profundos na atmosfera orixinados polos fluxos de calor dos incendios, un proceso que se coñece como piroconvección e que pode derivar nunha propagación rápida e errática do lume.
En conversa con este medio, Martín Senande incidiu en que “os incendios recorrentes comparten certas características climáticas o que explica o mapa global de incendios”. Con respecto a Galicia, explicou que “ten unha estación cálida que coincide cunha estación seca” e isto provoca que durante os meses de verán “haxa condicións que favorecen a presenza de incendios”. Sobre isto apuntou a ter en conta a produtividade da comunidade.

Martín Senande Rivera é físico e investigador do Cretus / lorena rey
A partir das proxeccións de modelos climáticos para o século XXI, Senande indica que o número de días con risco de piroconvección profunda, que define como “un proceso polo cal os incendios ao liberar enerxía e humidade alteran as condicións da atmosfera e créanse correntes ascendentes de aire que se condensan e fórmanse nubes ou tormentas”, podería aumentar significativamente no sur de Europa, especialmente na rexión do Mediterráneo occidental, onde pasaría de entre 10 e 20 días ao ano, na actualidade, a entre 30 e 50 días por ano a finais de século, tal e como mostran os resultados publicados no artigo ‘Towards an atmosphere more favourable to firestorm development in Europe’, incluído na súa tese.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora
