proposición

Rosón propón un viario entre Basquiños e a rúa Arzúa para mellorar a mobilidade

Rosón explica nun plano a apertura da rúa entre Basquiños e Arzúa/ |  CEDIDA

Rosón explica nun plano a apertura da rúa entre Basquiños e Arzúa/ | CEDIDA / redacción

Redacción

Os socialistas propoñen a apertura dun viario que conecte a rúa dos Basquiños, na altura do convento de Santa Clara, coa rúa de Arzúa. A concelleira Merdes Rosón explica que se trata dunha rúa que xa contempla o Plan Especial vixente e na que “xa comezamos a traballar no goberno socialista”.

En forma de proposición instarán no pleno deste xoves ao goberno local a darlle continuidade a esta actuación que, explican, “permitiría pechar o artellamento deste importante barrio da nosa cidade, favorecendo a mobilidade tamén en toda a zona da Estila, Espírito Santo, Ultreia, Basquiños e mesmo San Caetano”. “Todas somos coñecedoras do tráfico que soporta actualmente a rúa dos Basquiños e da necesidade de mellorar as conexións da cidade histórica coa Almáciga”, insiste Rosón, que recalca que esta apertura tamén daría servizo ao alumnado do CEIP Apóstolo Santiago.

Así, instan ao executivo local a iniciar o proxecto de expropiación do solo necesario para a execución do viario. Na proposición que se debaterá hoxe en Raxoi, os socialistas propoñen que se programe unha zona deportiva no barrio.