Especial 8M: As rúas son (d)elas. A xeografía das mulleres en Santiago de Compostela

Son moitos os nomes de muller que podemos atopar no rueiro compostelán. Sabes quen eran e por que teñen rúa? Explora este mapa interactivo e descóbreas!

Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, 'As dúas en punto' ou 'As Marías'

Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, 'As dúas en punto' ou 'As Marías' / ECG

Santiago de Compostela ten moitos séculos de historia e isto queda reflexado nos nomes das rúas. Dende aquelas que fan referencia a oficios ou costumes ata as que teñen nome propio. Pero, cantas delas están dedicadas a mulleres? Na nosa cidade, hai máis de 200 rúas con nome de persoas, mais só o 19% son de mulleres. Aínda así, é unha cifra máis elevada que a media estatal (15%).

Outra curiosidade é a presencia no rueiro de figuras relixiosas (virxes e santas, sobre todo): malia a fonda tradición relixiosa da nosa cidade, estas rúas son só un 17% das que teñen 'nome propio', unha das porcentaxes máis baixas de España. A media estatal está case no 40%.

Na semana do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, EL CORREO GALLEGO recolle algunhas destas rúas con nome propio feminino. Quen eran estas mulleres e por que teñen rúa propia?

Mapa interactivo: explora algunhas rúas de Compostela con nome de muller

As Marías, Concepción Arenal, Clara Campoamor, Syra Alonso... Rosalía de Castro, como non. Explora o noso mapa interactivo para saber mellor quen eran algunhas das mulleres que fixaron o seu nome na nosa cidade.

Suscríbete para seguir leyendo