Montse Fajardo gaña o Xohana Torres con ‘Caídas’, ensaio sobre o Patronato das mulleres no fraquismo
Este galardón está dotado cunha contía económica de 2.500 €
Edicións USC é a entidade encargada da publicación da obra
Co recitado dos versos de Penélope, o poema da escritora Xohana Torres que remata co coñecido “Eu tamén navegar” -emblema da literatura feminista galega-, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu inicio a entrega do galardón 2023 de ensaio, que recaeu na obra Caídas, da xornalista e investigadora Montse Fajardo (Vilagarcía de Arousa, 1973).
Montserrat Fajardo, gañadora da sétima edición dos Premios SELIC con ‘Onde habita a tolemia’
O xurado do Premio Xohana Torres destacou do ensaio de Montse Fajardo “a súa calidade literaria, a orixinalidade, e mais a súa relevancia histórica e social”. Trátase dun ensaio que profundiza nun dos episodios menos coñecidos do período franquista, a posta en marcha do Patronato de Protección da Muller.
Foi ésta unha institución de carácter relixioso na que ingresaban mozas “descarriadas”, temática que precisamente valorou o xurado por “visibilizar todas as violencias terribles que dende a dita institución se recollen no texto, destacando o eco social na vida de moitas mulleres da xeración coetánea ao Patronato que viviron en primeira persoa moitas das violencias” desta entidade en Galicia. O Patronato foi creado nos anos 40 e mantívose aínda en funcionamento, nalgún caso, até os anos 80 do século XX.
Emocionada, a autora de Caídas agradeceu ao xurado que lle outorgase este premio e o Concello de Compostela por “apostar” por este tipo de traballos”. Fajardo defendeu que “este tipo de investigacións levan meses de traballo” e reivindicou que “as investigacións requiren de traballo e agradécese moito que as institucións apoiedes, incluso economicamente este tipo de traballos”.
O Premio Xohana Torres está dotado de 2.500 euros, cos que se cubrirán os dereitos de edición da obra por parte de Edicións USC, e precisamente dende a institución académica interviu no evento a delegada do reitor en materia de Igualdade, Marta Pérez Pereiro, que foi a encargada clausarar o a acto e transmitir as sensacións do xurado ante a lectura de Caídas: “O xurado lémola con moito interese e estamos desexando que estea ao dispor de toda a comunidade”.
Deserto o premio audiovisual
O xurado comunicou que a baixa calidade técnica dos traballos presentados ao concurso audiovisual levouno a votar “por unanimidade” en favor de que este ano este premio ficase deserto, pese a valorar positivamente as temáticas destas creacións.
Temas
Más en Santiago
-
Santiago aprueba el mayor presupuesto de la historia para becas de comedor y material escolar: 1,1 millones
-
Danou o escenario da Panorama o empedrado do Obradoiro?
-
La línea de autobús entre O Barbanza y los hospitales de Santiago tendrá una parada en el Psiquiátrico de Conxo
-
Nuevo corte de tráfico en Santiago: la calle afectada estará cortada hasta este viernes