O PP denuncia a situación na que se atopa o contrato de limpeza dos CEIP en Santiago
Borja Rubio, concelleiro do PP compostelán denunciou este sábado a situación do contrato de limpeza e conserxería nos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Santiago, ademais de esixirlle ao Goberno local que actúe de xeito “inmediato” para mellorar “as pésimas condicións das instalacións”.
O edil reclama que este contrato “permaneceu nun estado lamentable, caducado e sen licitar” durante dous mandatos municipais. “Resulta inaceptable que un documento desta importancia fose descoidado durante oito anos”, insistiu Rubio para demandar “é hora de que o goberno nacionalista actúe para garantir a calidade dos servizos, incluída a recuperación do persoal de limpeza en horario de mañá, como se fixo durante a crise sanitaria da Covid ou a mellora das condicións laborais”.
O edil reclámalle ao goberno que deixe de “dar as costas a unha medida presentada polo Partido Popular e que foi aprobada, por unanimidade, no Pleno municipal”. Raxoi incluíu unha partida de 1.427.000 euros nos orzamentos de 2024 para esta materia.
Temas
Más en Santiago
-
El Gobierno licita por 22,6 millones la conservación de carreteras claves para Santiago
-
Los Reyes que yacen enterrados en la Catedral de Santiago: visitas guiadas al Panteón Real
-
Más allá de O Son do Camiño: estos son los festivales que no te puedes perder este verano cerca de Santiago
-
Ángel Facio se estrena al frente del área sanitaria de Santiago: “Lo esencial son los pacientes”