Ábrese por completo ao tráfico a Pastoriza logo de sete meses de obras e polémica veciñal
As demoras nos traballos obrigaron o Goberno de Sanmartín a rescindir o contrato coa adxudicataria
Resta que se consolide o formigón das zonas de estacionamento, a reubicación de colectores e a reposición de 3 puntos de luz

A circulación de tráfico na rúa Pastoriza abriuse por completo no medio día deste martes / Jesús Prieto

O tramo de estrada entre Santa Clara e San Caetano, no compostelán barrio da Pastoriza, abriuse por completo ao tráfico no mediodía deste martes, logo de que o edil de Obras, Xesús Domínguez, anunciase en rolda de prensa a "inminente" apertura pese a non estar totalmente completa a obra. Segundo explicou Domínguez, aínda quedan áreas nas que se ten que consolidar o formigón -zonas de estacionamento e carga e descarga- e o pintado da vía, logo de 7 meses de traballos, con demoras nos prazos por parte da empresa adxudicataria que obrigaron ao Goberno bipartito a rescindir o contrato.
Coa rúa aberta ao tráfico en ambos os sentidos -a comezos de ano habilitouse tan só a circulación en dirección norte- resta agora afinar o resultado final da obra. Segundo explicou Domínguez, "hai que reubicar os colectores do lixo, repoñer os tres puntos de alumeado exterior previstos e tamén as árbores", como parte da humanización desta área de acceso á cidade. Estas obras de reurbanización, aprobadas en maio de 2023 en sesión extraordinaria da xunta de goberno, contaba cunha base de licitación de 331.735 euros e tiñan por obxectivo recuperar para o uso peonil esta rúa ampliando o espazo dos camiñantes e reducindo o ancho da calzada.
A desesperación de veciños e comerciantes
Hai agora xa dous meses, EL CORREO GALLEGO daba conta da desesperación da veciñanza da rúa, cunhas obras previstas para 3 meses que se prolongaron até os 7, "a xente está desesperada, é unha vergoña que isto siga así", comentaban os residentes. A demora nas obras debeuse, entre outras causas á falta de materiais e tamén ás inclemencias meteorolóxicas que impediron continuar os traballos, pero no mes de febreiro a veciñanza queixábase de que "pasaron semanas enteiras sen chover e non viñeron traballar".
As obras iniciáronse a mediados do mes de setembro, coincidindo tamén co comezo do curso escolar, un detalle que complicou seriamente a circulación polas vías alternativas, as avenidas de Xoán XXII e Coimbra, nos primeiros días de traballos. O colapso de tráfico, motivado sobre todo pola proximidade de colexios coma o López Ferreiro ou San Jorge deu lugar a numerosas queixas dos residentes na zona.
Suscríbete para seguir leyendo
- Galicia sumará una tercera salida hacia la Meseta por autovía: aprobado el proyecto del primer tramo de la A-76 en El Bierzo
- Santiago estrena un 'take away' de cocina palestina que ya arrasa en sus primeros días
- La compostelana Urovesa suministrará 12 vehículos Vamtac aerolanzables al Ejército para reforzar su capacidad operativa
- ¿Qué se sabe del cadáver encadenado en el puerto de Ribeira? La Policía investiga si Amador Mos Orellán fue asesinado o se suicidó
- La compostelana Urovesa se sitúa en el centro de la estrategia de Defensa con un acuerdo para vehículos tácticos de 724 millones
- Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo
- Una vecina de Figueiras relata el temor ante los robos: 'Tengo dos hijos que ya empezaban a quedarse solos en casa, pero ahora tienen miedo
- Luto en el comercio de Santiago: muere María de las Nieves Iglesias, propietaria de la histórica Sombrerería Iglesias

