Míriam Louzao demanda da Xunta apoio económico e coordinador para o Plan estratéxico dos aeroportos
A concelleira lembra que é a Administración autonómica a que ostenta as competencias en materia de mobilidade e de turismo
A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, fixo referencia este mércores en rolda de prensa á xuntanza da Comisión aeroportuaria reunida o pasado luns e na que o Goberno local solicitou a creación dun Plan estratéxico para os tres aeroportos galegos, un proxecto para o que solicitan a implicación de Aena e da Xunta de Galicia.
El Ayuntamiento de Santiago pide a la Xunta y Aena un plan estratégico para los aeropuertos gallegos
“Demandamos que a Xunta traballe con nós, cos tres aeroportos”, dixo Louzao, apoiándose nas características especiais de Galicia a este respecto, “tres aeroportos moi xuntos e unha forte competencia do Porto”, polo que a concelleira demandou “un proxecto de país”.
Míriam Louzao insistiu, como fixo o logo da xuntanza da comisión a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, na necesaria implicación da Xunta “en coordinación e tamén económica” e lembrou que é, precisamente, a Administración autonómica a titular das “competencias en turismo e en mobilidade”.
A concelleira lembrou tamén que dende o Goberno municipal se está a espera de que tamén Aena participe no deseño dese plan e asegurou que dende o Pazo de Raxoi “seguimos traballando neste sentido de colaboración e tamén de forma individual mentres non chega este traballo conxunto”.
Nuevo récord de pasajeros en el aeropuerto de Lavacolla: el mejor febrero de su historia
A alcaldesa de Santiago comentaba o martes que o obxectivo da proposta municipal de crear este Plan estratéxico aeroportuario era “definir as estratexias concretas para conseguir un crecemento coordinado do tráfico” nas tres terminais galegas. Un tráfico que no caso de Compostela medrou en 2023 en 3,5 millóns de pasaxeiros, unha cifra que representa un aumento do 9,2% respecto a 2022, cando tamén se rexistrou récord anual. Por isto Raxoi tamén solicita de Aena a súa aimplicación na captación de “novas rutas” logo de que Lavacolla perdese conexións con varias cidades europeas.
Temas
Más en Santiago
-
Oportunidad inmobiliaria a 15 minutos de Santiago: dúplex de tres habitaciones por solo 110.000 euros
-
Cómo llegar al Banquete de Conxo: estos son los cortes de tráfico, autobuses, aparcamientos y principales accesos
-
UGT paraliza las movilizaciones en el aeropuerto de Santiago a la espera de una nueva reunión
-
Estudiantes acampados denuncian el silencio de la USC sobre la guerra en Gaza