O PSOE de Santiago insta á Xunta á crear un programa de educación afectivo-sexual

As edís do Partido Socialista Marta Álvarez e Marta Abal

As edís do Partido Socialista Marta Álvarez e Marta Abal / CONCELLO

As edís socialistas Marta Abal e Marta Álvarez instaron onte á Xunta de Galicia a crear un “programa regular para 2º ciclo de Primaria e Secundaria” para desenvolver unha educación afectivo-sexual, co obxectivo de “fomentar o respecto, a igualdade e a liberdade, ademais de dotalos de ferramentas para tomar decisións informadas”, explicaba Abal.

A edil afeáballe á Xunta que se “nega sistematicamente a instaurar estes tipos de programas”, o que obriga aos concellos a asumir esas competencias, mais só pode implementar programas temporais que “poden non ser suficientes”. 

Marta Álvarez alertaba neste sentido de que os datos “indican que o 75% dos adolescentes galegos se informan con amizades e a través de internet, sendo a pornografía a principal fonte de información sexual”. A edil alertaba tamén de que entre o alumnado se valora a información sexual recibida no centro de ensino como moi escasa -50%- ou nula -24%-.