Pesar polo falecemento de Ramón Díaz, membro fundador de Fuxan os Ventos

Estaba enfermo e o seu estado de saúde foi empeorando durante as últimas semanas

Ramón Díaz

Ramón Díaz / REDACCIÓN

REDACCIÓN

Onte falecía Ramón Díaz, membro fundador do grupo Fuxan os Ventos e técnico de control de radio. Díaz viña sufrindo varias enfermidades nos últimos tempos e finalmente o seu estado de saúde emperou.

Os comezos de Fuxan os Ventos datan de 1973. O grupo participou no III Festival Ría de Ares, en Pontedeume e logrou o primeiro premio. Ao ano seguinte participaron en festivais en Ferrol e en Madrid, conseguindo sempre o recoñecemento da crítica e da prensa especializada.

En 1975 o grupo sufriu a primera escisión, ao nacer dúas tendencias na formación: unha máis orientada a un folclore universal, e outra más comprometida co folclore, a cultura e a identidade galega. Foi a segunda a que se impuxo, comenzado así un recorrido por toda a provincia cunha montaxe denominado Galicia canta ó Neno, unha representación sobre a forma de entender o Nadal en Galicia. Poco despois chegaron as primeiras propostas para gravar un disco a pesar de que, ata entonces, foran remisos a elo. En 1976 gravan o seu primeiro disco, Fuxan Os Ventos, logo seguen con Tequeleteque (1977), Galicia canta o neno (1978), Sementeira (1978), Quen soubera cantar (1981), Noutrora (1984), Sempre e mais despois (1999), Na memoria dos tempos (2002), Terra de soños (2009). Ramón Díaz traballou como técnico de control radio en Radio Obradoiro, emisora que formou parte do grupo El Correo Gallego.