O titular do Goberno galego, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, visitou os traballos do primeiro treito que comezaron o pasado mes de outubro. O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou hoxe “o bo ritmo” das obras de ampliación da AG-59 que permitirá conectar Santiago de Compostela e A Estrada en só dez minutos a través dunha vía de altas prestacións sen peaxes.