Representantes institucionais e medios de comunicación temos un compromiso mutuo coa sociedade. Os servidores públicos adquiren a obriga de ser honestos nas nosas decisións, así como adoptalas sempre en beneficio do interese común.

Non é un compromiso adquirido só coa sociedade galega actual: é tamén unha responsabilidade contraída coas futuras xeracións, que cando repasen as hemerotecas poderán aprender dos erros e dos acertos cometidos, tomar nota e iniciar, eles tamén, unha nova andaina para poder dicir, como nós agora, e parafraseando ao gran Pondal, que os tempos de escribir o futuro son chegados.