Unha trintena de persoas concentráronse diante do IES As Fontiñas para mostrar o seu descontento ante a comunicación da Consellería de Educación de pasar á modalidade a distancia os dous ciclos de formacion profesional para adultos que ofrece o centro (ciclo superior de administracion e finanzas e ciclo medio de xestión administrativa), unha medida que afectaría a outros 17 ciclos formativos dun total de sete centros da cidade. coa lectura de dous manifestos piden que a Xunta se sente a pensar no que supoñería deixar ao lado a presencialidade. Segundo confirmaron a este medio alumnos implicados “importante porcentaxe dos que este ano superamos o primeiro curso pensa en abandonar”.