As gañadoras do 'Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2023', as catalás Núria Figueras e Anna Font asistiron onte emocionadas ao Pazo de Raxoi, lugar no que se fixo entrega deste galardón pola súa obra gráfica A visita, na que a “presenza do silenzo” xunto a unha raposa son os protagonistas. Un premio que ten unha contía de 9.000 euros, ademais da publicación da obra pola Editorial Kalandraka.