Na nova edición do Santiago (é) Tapas, que se celebrará entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo, haberá un total de 41 establecementos participantes,  tres máis dos inscritos o ano pasado, cando se celebrara no mes de novembro.

Finalizado o prazo de inscrición en Santiago (é) Tapas, o concurso continúa adiante esta semana con sesións diarias no local da Asociación Hostelería Compostela, nas que os participantes deberán cociñar as súas propostas diante dun xurado conformado por dous profesores da Escola de Hostalaría de Lamas de Abade, que se encargará de revisar a receita e garantir a calidade das tapas presentadas a concurso. Cada participante poderá presentar ata 2 tapas, incluso tres se unha delas está na categoría de sen gluten ou vegana.