Arranca a décimo quinta edición do Santiago(é)Tapas con máis de 60 propostas de 41 establecementos da cidade. A inauguración deste certame gastronómico celebrouse esta mañá en Artesana e contou coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín e outros representantes políticos, así como de colaboradores e patrocionadores. A tapa que presenta este local e que todos eles poideron degustar recibe o nome de “Estamos como cabras”. Consiste nun pan brioche, con cordeiro asado tradicionalmente como se facía no barrio de Conxo, escabeche, crema de queixo e iogur, e crema de allo asado.

O público poderá desfrutar das distintas tapas ata o vindeiro 3 de marzo. Todos os que vaian cubrindo o Tapasporte para puntuar aquelas que máis lle gusten poderán optar a distintos agasallos.